Mostrando entradas con la etiqueta EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS. Mostrar todas las entradas

jueves, 8 de noviembre de 2018

LA PUERTA VIOLETA, EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS

Con motivo do vindeiro 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, repetirase a Andaina EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS organizada polos centros escolares de Vilagarcía xunto coa Área de Igualdade do concello. Se o tempo o permite, quedou programada para o venres 23 de novembro, saíndo conxuntamente ás 11.15h. da mañá da explanada do Auditorio, tal como fixemos o ano pasado, para estar ás 12.00 diante do Concello. No caso de que chovera, aplicaríase un plan B que consistiría na xuntanza no Salón do Auditorio do alumnado dos Centros participantes. O desprazamento deste alumnado correrá por conta de cada centro. Do noso IES asistirá o alumnado de 1º e 3º de ESO e mais o grupo de 1º do Ciclo Superior e han levar as camisetas negras co lema EN CONTRA DAS VIOLENCIAS. Acordouse que todos os centros traballarían a canción de Rozalén “La puerta violeta” porque no acto do día 23 a cantaríamos todas as persoas que participemos na andaina ou no acto do auditorio, no momento final da acción. Aquí quedan colgados varios vídeos mesmo un karaoke para que poidades ir preparándoa.

sábado, 25 de noviembre de 2017

MOLLÁMONOS CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA






Nós tamén participamos na andaina dos centros educativos contra a violencia de xénero que se levou a cabo en Vilagarcía de Arousa na mañán do venres 24 de novembro.

























Noticia en LA VOZ DE GALICIA


A partir do minuto 34 do Telexornal do Mediodía saímos nós:

Noticia no Telexornal


 E a partir do minuto 9.50 do Informativo do Mediodía de Telecinco saímos nós tamén:

Noticia en Telecinco

miércoles, 22 de noviembre de 2017

A NOSA PANCARTA

 
A área de Igualdade do Concello de Vilagarcía organiza un ano máis os actos conmemorativos do 25N, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero co lema “25N Vilagarcía en Negro”
Como este ano o 25 de Novembro é o sábado, o venres 24 todos os centros educativos do concello participaremos  nunha andaina reivindicativa na que tomarán parte 1.700 persoas. Partiremos ás 10:45 da Praza da II República (diante do Auditorio Municipal) para percorrer as rúas do centro. Remataremos cunha grande concentración na Praza de Ravella. Alí terá lugar o acto central coa lectura do manifesto elaborado polo Consello Local da Muller e onde tamén actuarán as Cantareitas Bulideiras e un grupo do alumnado do CEIP A Lomba.
 
A fachada do Concello xa luce unha gran pancarta que representa o loito desta efeméride  do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. E para contribuír a que os colexios tamén se vistan de negro, o Concello repartiu camisetas co lema da campaña.
Pero ademais, nós estamos a producir os nosos carteis con frases significativas e tamén estamos a facer a pancarta que levaremos a andaina do venres.


MULLERES PIONEIRAS. CONCEPCIÓN ARENAL

Unid. Did. Concepción Arenal by Manuela Iglesias on Scribd Hai mulleres que pasan a Historia porque nas súas vidas lles tocou loita...