viernes, 15 de mayo de 2020

MULLERES PIONEIRAS. CONCEPCIÓN ARENAL



Hai mulleres que pasan a Historia porque nas súas vidas lles tocou loitar por algo que non se lles permitía facer por non seren homes.

Unha das españolas máis importantes neste faceta de pioneiras foi Concepción Arenal.

Na ficha de catro páxinas ofrécesevos información sobre ela, pero tamén debedes realizar varios exercicios nas páxinas 2, 3 e 4.

Ademais, é preciso que ao rematar, completedes o seguinte cuestionario buscando os datos necesarios, pero non todos se atopan na ficha. Así que necesitaredes pescudar pola vosa conta algúns.

 CUESTIONARIO

  1. ¿Como se chamaba a nai de Concepción Arenal?
  2. ¿Que feito relevante da súa biografía lle sucedeu aos oito anos?
  3. ¿Cantos anos viviu Concepción Arenal?
  4. ¿Que feito relevante da súa biografía lle sucedeu aos 21 anos?
  5. ¿En que Universidade estudou Dereito?
  6. ¿Que se veu obrigada a facer para poder estudiar na Facultade de Dereito?
  7. Nomea dúas ou tres profesións ás que se adoitan dedicar as persoas que estudan Dereito.
  8. ¿Que feito relevante da súa biografía lle sucedeu aos 28 anos?
  9. ¿Que decisión histórica do 4 de abril de 1864 tomada pola raíña de España Isabel II resultou decisiva para Concepción Arenal?
  10. ¿En que cidades residiu concepción Arenal ao longo da súa vida?

Ao final, se vos apetece podedes ler un conto basado na súa vida neste enlace




No hay comentarios:

Publicar un comentario

MULLERES PIONEIRAS. CONCEPCIÓN ARENAL

Unid. Did. Concepción Arenal by Manuela Iglesias on Scribd Hai mulleres que pasan a Historia porque nas súas vidas lles tocou loita...