miércoles, 22 de noviembre de 2017
A NOSA PANCARTA
A área de Igualdade do Concello de Vilagarcía organiza un ano máis os actos conmemorativos do 25N, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero co lema “25N Vilagarcía en Negro”
Como este ano o 25 de Novembro é o sábado, o venres 24 todos os centros educativos do concello participaremos nunha andaina reivindicativa na que tomarán parte 1.700 persoas. Partiremos ás 10:45 da Praza da II República (diante do Auditorio Municipal) para percorrer as rúas do centro. Remataremos cunha grande concentración na Praza de Ravella. Alí terá lugar o acto central coa lectura do manifesto elaborado polo Consello Local da Muller e onde tamén actuarán as Cantareitas Bulideiras e un grupo do alumnado do CEIP A Lomba.
A fachada do Concello xa luce unha gran pancarta que representa o loito desta efeméride do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. E para contribuír a que os colexios tamén se vistan de negro, o Concello repartiu camisetas co lema da campaña.
Pero ademais, nós estamos a producir os nosos carteis con frases significativas e tamén estamos a facer a pancarta que levaremos a andaina do venres.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
MULLERES PIONEIRAS. CONCEPCIÓN ARENAL
Unid. Did. Concepción Arenal by Manuela Iglesias on Scribd Hai mulleres que pasan a Historia porque nas súas vidas lles tocou loita...
-
Nestes vídeos podemos empezar a reflexionar sobre como se transmiten os estereotipos de xénero masculinos e femininos tradicionais durante a...
-
Estes vídeos abordan de xeitos diferentes a cuestión da violencia de xénero. Ímolos ver e despois reflexionaremos sobr eles en grupo. O pr...
-
O alumnado de oratoriua de 2º de ESO está a realizar unha pequena campaña de sensibilización en contra da violencia de xénero. Por equipos ...
No hay comentarios:
Publicar un comentario