VAISE APROXIMANDO O DÍA 25 DE NOVEMBRO
Nesa data cómpre denunciar e rexeitar ao unísono todo tipo de violencia de xénero.

Nós tamén nos sumaremos deseñando unha iniciativa sinxela propia dentro da convocatoria que desde o concello de Vilagarcía de Arousa aglutina a todos os centros educativos do municipio coa vista posta no venres 24 de novembro.
O lema conxunto é VILAGARCÍA EN NEGRO CONTRA A VIOLENCIA.
E para inspirarnos e informarnos mellor, velaí algunhas suxestións.
A primeira é a plataforma na que se acolle a iniciativa de Vilagarcía EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS.
http://ennegrocontraasviolencias.gal/
A segunda é unha relación de once campañas contra a violencia recollidas por EL PAÍS o ano pasado.

11 CAMPAÑAS CONTRA A VIOLENCIA PARA REFLEXIONAR