jueves, 8 de noviembre de 2018

LA PUERTA VIOLETA, EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS

Con motivo do vindeiro 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, repetirase a Andaina EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS organizada polos centros escolares de Vilagarcía xunto coa Área de Igualdade do concello. Se o tempo o permite, quedou programada para o venres 23 de novembro, saíndo conxuntamente ás 11.15h. da mañá da explanada do Auditorio, tal como fixemos o ano pasado, para estar ás 12.00 diante do Concello. No caso de que chovera, aplicaríase un plan B que consistiría na xuntanza no Salón do Auditorio do alumnado dos Centros participantes. O desprazamento deste alumnado correrá por conta de cada centro. Do noso IES asistirá o alumnado de 1º e 3º de ESO e mais o grupo de 1º do Ciclo Superior e han levar as camisetas negras co lema EN CONTRA DAS VIOLENCIAS. Acordouse que todos os centros traballarían a canción de Rozalén “La puerta violeta” porque no acto do día 23 a cantaríamos todas as persoas que participemos na andaina ou no acto do auditorio, no momento final da acción. Aquí quedan colgados varios vídeos mesmo un karaoke para que poidades ir preparándoa.

MULLERES PIONEIRAS. CONCEPCIÓN ARENAL

Unid. Did. Concepción Arenal by Manuela Iglesias on Scribd Hai mulleres que pasan a Historia porque nas súas vidas lles tocou loita...