Ademais, é
preciso que ao rematar, completedes o seguinte cuestionario buscando os datos necesarios,
pero non todos se atopan na ficha. Así que necesitaredes pescudar pola vosa
conta algúns.
CUESTIONARIO
¿Como se chamaba
a nai de Concepción Arenal?
¿Que feito relevante
da súa biografía lle sucedeu aos oito anos?
¿Cantos anos viviu
Concepción Arenal?
¿Que feito relevante
da súa biografía lle sucedeu aos 21 anos?
¿En que
Universidade estudou Dereito?
¿Que se veu
obrigada a facer para poder estudiar na Facultade de Dereito?
Nomea dúas ou
tres profesións ás que se adoitan dedicar as persoas que estudan Dereito.
¿Que feito relevante
da súa biografía lle sucedeu aos 28 anos?
¿Que decisión histórica
do 4 de abril de 1864 tomada pola raíña de España Isabel II resultou decisiva
para Concepción Arenal?
¿En que cidades residiu
concepción Arenal ao longo da súa vida?
Ao final, se vos apetece podedes ler un conto basado na súa vida neste enlace
1. Imos ver con moita atención estes
dous vídeos de publicidade institucional
Son institucionais porque non nos queren convencer de
que compremos nada, senón que pretenden que asimilemos unhas conductas
sociais.
2. Despois, coa axuda dunha información de apoio e unha táboa, analizaremos os estereotipos que apreciemos nos dous
vídeos institucionais:
Un,¡Los niños y niñas ya pueden
salir a pasear!,
é do Ministerio de Sanidade do Goberno de España e
explica as pautas que se han respectar para que as nenas e os nenos saian durante o
confinamento xeral.
O outro, Todo o día na casiña,
pertenece á Secretaría
Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e
serve para convencernos de que temos que seguir quedando na casa, agás nos
casos das excepcións que xa coñecemos.
Con estes dous exemplos de publicidade
institucional comprobaremos que non se pretende tan só convencérmonos das ideas
ás que fan referencia cada un dos anuncios, senón que tenden a reforzar uns
estereotipos moi definidos pero que nunca son tan simples nin xeralizados na
realidade na que vivimos. E de feito, non coinciden ao cen por cen tales
estereotipos de sexo, roles de xénero, modelos de familia e parella, beleza e
aspecto físico... segundo analicemos un anuncio ou o outro.
3. Resultará moi interesante que leades a ficha informativa sobre os principais estereotipos presentes na publicidade, antes de encher a ficha de análise dos vídeos.
4. Esta ficha de análise, unha vez completada, deberedes enviarma por correo electrónico a este enderezo ixenera1@gmail.com
Basta con que enviedes os exercicios da 3ª páxina. Podedes escribilos directamente no texto do correo, pero tamén valería mandar a foto dos exercicos feitos en papel. Hai unha aplicación moi fácil de usar e de balde para enviar documentos de ata dous gigas https://wetransfer.com/
Como xa sabemos, os
estereotipos son ideas que transmiten unha visión simplificada da sociedade e contribúen
a establecer modelos de conducta que as persoas tratarán de imitar.
Existen diferentes tipos de
estereotipos que a miúdo desenvolve a publicidade, aínda que os principais
son os desexo e os roles de xénero.
·Daquela, en virtude do rol atribuído
ás mulleres, represéntanas sempre como esposa, nai, ama de casa ou mesmo
como muller obxecto. A imaxe de muller que predomina na publicidade é a dun ser
máis ou menos débil e dependente do home. Pero, ante todo, remárcase a idea
de que a muller sempre debe ser máis ou menos bonita e lucir moi bo aspecto
(coidando o peiteado, a maquillaxe, a roupa, o calzado, os complementos...)
·Polo contrario, o estereotipo
establecido para o home responde a imaxe que reflexe forza, agresividade,
dominio, valentía, sen descoidar tampouco o seu aspecto físico vigoroso.
Así que tanto no caso feminino
como no masculino, un dos valores máis explotados pola publicidade é o estereotipo
do ideal debeleza porque uns modelos de muller e de varón máis ou
menos atractivos logran concentrar mellor a atención do público.
Por iso, outro dos estereotipos
utilizados pola publicidade está relacionado co concepto de físico ideal
que se traduce en figuras máis delgadas, nunca “pasadas de quilos”, moi áxiles
e atractivas que se traducen en
·Home“viril”
con vello e pelo curto abundante, robusto pero non con barriga, de espalda
ancha, con extremidades ben torneadas e máis alto que a muller.
·Muller “feminina”, de aspecto
delicado, de pelo longo, ben peiteada e maquillada, máis ou menos esvelta, de
cintura estreita, depilada, con extremidades ben torneadas e máis baixa que o
home.
No que atinxe á publicidade
especialmente destinada ao público infantil o estereotipo que más se traballa é o dos roles de xénero, co obxecto de reforzar as marcas supostamente
diferenciadoras entre nenas e nenos.
·Elas adoitan seren representadas
como obedientes, delicadas e ordenadas, persoas que axudan á nai nas tarefas
domésticas, asumindo responsabilidades desde unha idade moi curta. Nesa
mesma liña, todos os xoguetes enfocados para as nenas teñen relación co mundo
da cosmética, dos coidados e do fogar.
·Pola súa banda, os nenos adoitan
mostrarse como inquietos e rebeldes, pero tamén con iniciativa,
por iso son vistos como emprendedores e mañosos. De tal xeito, os xoguetes
para nenos, polo común, están inspirados no mundo da construción, o automóbil
e os medios de transporte ou mesmo na guerra.
Asociados aos estereotipos de
sexo e dos roles de xénero hai que considerar os estereotipos de modelo de parella
e familia.
·En xeral, a publicidade alimenta
a convicción de que todas as parellas están constituídas por un home
e una muller, obviando que ademais das parellas heterosexuais existen as formadas
por membros do mesmo sexo (homosexuais e lesbianas) e tampouco se ten moi
en conta que moitaspersoas non forman parella con ninguén.
·No caso do modelo familiar,
insístese aínda en considerar como ideal
a familia integrada por unha nai e un pai, deixando sen representar a
moitísimas familias reais diferentes:
monoparentais,
nas que so hai unha nai ou un pai con fillas e fillos ao seu único cargo;
aquelas nas que
conviven dous pais con fillas e fillos,
aquelas formadas
por dúas nais con fillas e fillos