miércoles, 14 de febrero de 2018

O uso por xéneros dos espazos comúns do instituto






Como se sabe, os comportamentos sexistas abundan en todos os lados, incluído o noso centro. Así que na materia de Igualdade de Xénero de 1º ESO planeámonos observar e analizar como se distribúe durante os recreos o uso das zonas comúns do instituto segundo os sexos ou xéneros, coa pretensión de comprobar se existe algún tipo de machismo.
Organizámonos en tres equipos e repartimos os espazos comúns do instituto para realizar as nosas observacións durante os recreos de varios días.

·         Aquí comeza o resultado da nosa investigación:

- No uso dos dous soportais de entrada ao edificio principal están ao 70% os homes fronte ao 30% de mulleres. Aínda que nas escaleiras principais dianteiras o uso está bastante equilibrado (50 % nenos 50 % nenas)

Por certo, imos contarvos unha anécdota que nos pasou no soportal de atrás: un rapaz de segundo de bacharelato botounos de onda a mesa verde así sen máis, coa escusa de que Hulk (que é como lle chaman á mesa verde de tenis de mesa) era deles. Ignoramos se molestamos por ser rapazas ou por sermos de primeiro de ESO, ou polas dúas cousas.

- Nas escaleiras do lado da conserxaría so hai un 40 % de nenas e un 60 % nenos.


- Nas escaleiras do lado da cafetaría (o pasillo) predomina un 70 % de nenos fronte a un 30% nenas.


- Nas escaleiras da saída ao xardín que hai onda a cafetaría tamén destaca un 80 % de nenos fronte ao 20 % de nenas.

- Nas escaleiras situadas en fronte da aula de volume hai un 70 % de nenas e un 30 % de nenos.

- Nas escaleiras de acceso ao pavillón so atopamos nenos e ningunha rapaza.


- Nas pistas encontramos máis rapaces que rapazas. Os rapaces suman ata un 95% e as rapazas tan so un 5%. Mentres os rapaces xogan, as rapazas están de espectadoras pero non son as súas mozas.

- No pavillón grande normalmente non hai rapazas, nin como espectadoras nin xogando.

- No aparcamento durante o inverno, non hai rapazas nin rapaces.

·         Na planta baixa esta é a situación:

- Na conserxaría o persoal está equilibrado porque hai un home e unha muller.

- Na cafetería no momento do recreo, visualizamos un 60% de homes, e un 40% de mulleres (claro, que depende algo do momento e do día), sen contar que a encargada e todas as camareiras son mulleres excepto un home.

- Na biblioteca vimos un 55% mulleres e un 45% homes(pero tamén pode variar algo dependendo do momento e do día). O uso dos ordenadores é demandado só por rapaces e o mesmo sucede cos xogos de xadrez. As profesoras de garda sempre son mulleres.

- Nas escaleiras para subir desde a primeira planta á segunda onde están as aulas de bacharelato, atopamos nunha delas só nenas mentres que na outra había un 50 % de nenos e un 50 % de nenas.



















- Nos corredores das aulas de segundo de bacharelato e ESO había un 50% de rapazas e outro 50% de rapaces.



·         En conclusión:

A biblioteca, a cafetaría e a planta baixa polo normal están aproximadamente ocupadas por un 60% de homes, e 40% de mulleres.
Nos soportais, tanto no de diante como no de atrás, confírmase que os desfrutan maioritariamente os homes, chegando ata arredor dun 85%.
Dentro do instituto, nas escaleiras principais ás entradas dos recreos e mesmo á entrada da primeira hora so adoita haber homes; en cambio, nas escaleiras da primeira planta, xa se observa unha presencia de rapazas e rapaces máis repartida. Nos corredores predominan claramente as mulleres.


E así finaliza o produto das nosas observacións, se queredes vós tamén podedes facer as vosas observacións nos vosos colexios, lugares de traballo, institutos, universidades...

MULLERES PIONEIRAS. CONCEPCIÓN ARENAL

Unid. Did. Concepción Arenal by Manuela Iglesias on Scribd Hai mulleres que pasan a Historia porque nas súas vidas lles tocou loita...