lunes, 27 de noviembre de 2017

ESTEREOTIPOS DE XÉNERO NA NOSA SOCIEDADE VISTOS A TRAVÉS DUNHA CANCIÓN

Na nosa sociedade se nos ensina a concebir a humanidade dividida en dúas clases ben diferentes entre si, a saber, a dos homes e a das mulleres. Pero ademais tamén habemos de aprender que historicamente aos varóns correspóndelles unha categoría superior en virtude do seu sexo que lle confire o poder fronte ás mulleres, ás que se presenta como inferiores. Deste xeito, aprendemos uns e outras a asumir cunha falsa naturalidade unha discriminación política, social, cultural, económica á que se ve sometida a muller, relegada a unha segunda categoría.
Así pois, todas e todos acabamos por aceptar que existen unhas características xerais aplicables a todas as mulleres e outras características xerais aplicables a todos os homes sen distinción, polo simple feito de ter un ou outro sexo. Tales características son os estereotipos que impoñen unha diferenciación moi marcada (e enfrontada) de cada unha destas dúas categorías: a feminina e a masculina. 
Pero ademais, se natulariza a idea de que soamente existen dúas únicas formas diferentes de ser e vivir, cando na realidade existen outras identidades posibles.
A grandes liñas, a través dos estereotipos sexistas ou de xénero propícianse actitudes sociais máis positivas ou negativas, avaliando de forma máis favorable as características atribuídas aos homes respecto das atribuídas ás mulleres.
Estes estereotipos definen uns roles de xénero determinados que conlevan actitudes, comportamentos, obrigas, privilexios, accións e posicións sociais que se consideran propios dos homes fronte a outros considerados propios das mulleres. Daquela, en función dos roles de xénero cada sociedade asigna a cada sexo o que se espera de cada quen.
Os medios de comunicación, os produtos culturais (literatura, cine, pintura, música...), a publicidade, a televisión, as redes sociais... transmítennos e inoculan estes estereotipos sexistas. 
O máis habitual é que se nos ofreza unha imaxe das mulleres como meros obxectos concebidos para complementar aos homes (xunto ao poder ou os cartos), ou como amas de casa, nais, e por suposto, como obxecto para obter pracer sexual, etc. 
Pola contra, moi poucas veces se promociona a imaxe das mulleres como suxeitos independentes que desexan satisfacer as súas propias necesidades. E o peor disto é a inmensa e constante cantidade de imaxes e referencias á violencia á que son sometidas as mulleres.
A crudeza deste problema radica en que non nos paremos a facer con espírito crítico unha análise reflexiva desta cuestión e aceptámola como cousa normal e natural cando non o é en absoluto.

Por exemplo, se cadra afacémonos a bailar temas de reggaetón oíndo as súas letras sen prestar atención ao seu contido. Este xénero musical de orixe portorriqueño caracterízase por un tratamento sexista das relacións entre mozos e mozas que desafortunadamente difunden un modelo feminino moi negativo, isto é, un estereotipo que define unha representación do que se espera da muller no contexto das relacións afectivo-sexuais.

Imos escoitar a famosa canción titulada "A Muda" de Cali & El Dandee e despois analizaremos polo miúdo a súa letra.


<iframe width="560" height="315" src="https://www.youtube.com/embed/Za8DC7y_T4A" frameborder="0" gesture="media" allowfullscreen></iframe>

Heyyy youuuuuu (FLYBOT).. Heey Kevin Roldan
You girl.. wanna meet my boy
Subele que huele a Calii y el Dandee Papi

Quiero una mujer bien bonita callada que no me diga naaa
que cuando me vaya a la noche y vuelva en la mañana
no digaa naaa
que aunque no le guste que tome se quede callada y
no diga naa
quiero una mujer que no digaa naa
naaah naaah naah naaaah naaah naaah

Ya no hables más y dame un beso
Llego la hora del beso
Llevamos como diez horas hablando y tu que bla bla blaaahh
Dame un beso
Llegó la hora del beso
Ya son más de las doce y tu me sigues con tu blaaaaah
(Kevin Roldan)

Ya son las dos de la mañana eehh vámonos en mi auto baby
Te paso un pico pa caerle baby
Pasemolo chevere my girl your sexy
kevin por ti no me digas nada de la madrugada la mente
dañada
Shh.. Quedate calladaa...
Nos vamos, fumamos nos despelucamos te llevo pa' casa
y después nos pillamos
Azotaa! do, tre cua ...

Quiero una mujer bien bonita callada que no me diga naa
Que cuando me vaya a la noche y vuelva en la mañana no diga naa
Que aunque no le guste que tome se quede callada y no diga naa
Quiero una mujer que no diga naa
naaah naah naah, naaah naah naah

Quiero que sepa bailar, que nunca salga sola
que nunca quiera pelear, que rompa la conzola
se que no existe pero yo oeoeo
Quiero una mujer que no diga naaa
Daleee Calii yeaah oohh!
Si tu me quieres yo te quiero puedo regalarte el mundo entero
Yo se que está joda suena a alguien golero
Pero yo no soy normal yo soy Calii dalee
Si tu me quieres yo te quiero puedo regalarte el mundo entero
Yo se que está joda suena igualitica a alguien golero

(Y me disculpan buenas noches) Y si tu no me dices na
te juro no te dire nah nah nah
no necesito saber donde estas ni para donde vas solo
te pido que vos no me jodas
Y si tu no me dices nah te juro no te dire nah nah nah
Vos podes hacer lo que quieres podes estar soltera me
llamas bebé si te da la arrechera
hahaha... ya no hables más y dame un beso
Llegó la hora del beso
Llevamos como diez horas hablando y tu que bla bla blaaah
Dame un beso
Llegó la hora del beso
Ya son más de las doce y tu me sigues con tu blaa blaa blaah

Quiero una mujer bien bonita callada y que no me diga naa
Que cuando me vaya a la noche y vuelva en la mañana no
diga naa
Que aunque no le guste que tome se quede callada y no
diga naa
Quiero una mujer que no diga naaaaa
naaah naaah naaah, naaah naaah naah

Quiero que sepa bailar, que nunca salga sola
que nunca quiera pelear, que rompa la conzola
se que no existe pero yo oeoeo
Quiero una mujer que no diga naaa
Esto es Colombo records papa!!

Si tu me quieres yo te quiero puedo regalarte el mundo
entero
A ver si a si conseguimos este botín haha... auu
Si tu me quieres yo te quiero, puedo regalarte el
mundo entero
haha mira lo del botín Mr K R Y... Cali Y el Dandee Youu
hahaha Yeaah Kevin Roldan Bebé.. Represent Colombia Music
Bienvenidos a la era FLYBOT!
Okey Twenty va la primera clase de producción para calvos
Dame una fila a la derecha YAA!
Cali, Colombia Babyy

Agora habemos de reflexionar e responder estas cuestións:
  • Que características debe reunir a muller que se quere nesta canción?
Deséxase entablar relación cunha persoa sumisa, obediente, sen iniciativa e absolutamente dependente, que debe de saber como entreter a un home e que estea en casa á chegada da súa parella masculina ou, en caso de ser o seu amante, non molestarlle conversando e limitarse a ofrecerlle sexo. De xeito velado, tamén suxire que non é correcto que a muller cuestione a actitude do home, e que debe de deixarse levar polo que o seu compañeiro varón impóñalle.

  • Que estereotipos femininos se explicitan na canción? Escribe substantivos ou adxectivos que definan ese modelo de muller.

Obxecto/non persoa, Sumisa, Pesada por faladora, Resignada, Dependente
  • Que estereotipos masculinos se explicitan na canción? Escribe substantivos ou adxectivos que definan ese modelo de home.
Suxeito/persoa, Soberbio, Juerguista, Bebedor, Imperativo e controlador, Independente
Estereotipos femininos presentes na canción en función dos roles asignados:
Roles para mulleres: amantes complacentes, que deben conformarse con que o home realice ben o sexo e lle faga agasallos, o que á súa vez implica que unha muller debe de ser cariñosa e exuberante, porque iso é o que lle atrae ao home dela; tamén, de xeito velado, asígnaselle o rol de ama de casa sumisa que é molesta cando cuestiona as actitudes do home. Polo tanto debe asumir a natureza dos actos dun varón como correcta e resignarse se esta non é do seu agrado, porque do contrario podería saír perdendo.
Roles para homes: dominador posto que debe indicarlle á muller cando ha de falar ou calar, cando lle ha dar bicos (na canción o bico supón un eufemismo do acto sexual), cando debe subir ao coche del, cando ir para a casa. Presuponse que tal actitude transforma a calquera home nun triunfador cuxo atractivo resulte irresistible ás mulleres.

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

MULLERES PIONEIRAS. CONCEPCIÓN ARENAL

Unid. Did. Concepción Arenal by Manuela Iglesias on Scribd Hai mulleres que pasan a Historia porque nas súas vidas lles tocou loita...